08/09/2026
🌱 A futura PAC está en xogo. Galiza non pode quedar á marxe.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar ante o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación as súas achegas á proposta de marco da futura PAC para o período 2028-2034, e tamén as trasladou á Consellería de Medio Rural.
Estamos nun momento decisivo para determinar que PAC teremos nos vindeiros anos. E dende o SLG temos claro que necesitamos unha política agraria que:
👉 Apoie realmente as persoas agricultoras e gandeiras que producen alimentos.
👉 Garanta rendas dignas para as persoas labregas.
👉 Contribúa a regular os mercados e mellorar os prezos.
👉 Favoreza un medio rural vivo e a conservación do territorio.
👉 Deixe atrás un sistema de pagos baseado fundamentalmente na superficie e priorice quen realmente traballa e coida a terra.
A proposta actualmente sobre a mesa da Comisión Europea afástase das necesidades do sector e preocupa especialmente a redución orzamentaria e o retroceso das políticas de desenvolvemento rural.
⚠️ Ante esta situación, o SLG critica a pasividade da Consellería de Medio Rural e reclama que exerza a súa responsabilidade, informe o sector e convoque de inmediato a comisión de traballo acordada no Consello Agrario Galego.
👉https://sindicatolabrego.gal/novas/o-sindicato-labrego-galego-mostra-a-sua-preocupacion-pola-pasividade-da-conselleria-de-medio-rurral-ante-a-negociacion-en-europa-da-pac-mais-ala-do-ano-2027/