26/08/2026
Proxecto de turismo sostible no Monte Pindo
Os concellos de Dumbría, Carnota e Mazaricos únense para impulsar conxuntamente este proxecto, en colaboración coa Deputación da Coruña, que achegará o 80% do orzamento.
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación, e Raúl González, alcalde de Dumbría, en representación dos tres concellos, asinaron o convenio polo cal o ente provincial financiará con 86.636 euros esta acción que
busca consolidar un modelo turístico de calidade e sostible vinculado ao coñecemento científico e ao coidado do entorno natural.
O proxecto inclúe, entre outras, a sinalización de tres itinerarios, un servizo de consultoría turística e a elaboración e tradución de material de promoción.
●
https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=28179&fbclid=Iwb21leAT60YdjbGNrBPrRgHBkb2YBZXh0bgNhZW0CMTEAc3J0YwZhcHBfaWQMMzUwNjg1NTMxNzI4AAEegcoY3CX24zjWGnSJo-eMITe6OTtcpCq075tuHZicbb2s_r21dEULkdADXJo_aem_3JoH1B41nVwD4z0AYaui7A
●
Concello de Carnota Concello de Mazaricos Turismo da Deputación da Coruña Deputación da Coruña