Enxebreza

Enxebreza FINCA ENXEBREZA. GANADERÍA SELECTA - GALICIA

📸 Seguimos con fotos do sábado! 10/10 🐴✂️👉🏼Gracias por acompañarnos na V edición da
08/06/2026

📸 Seguimos con fotos do sábado! 10/10 🐴✂️

👉🏼Gracias por acompañarnos na V edición da

Grazas a todos por esta 5ª edición da Rapa das Bestas Finca Enxebreza! 🐴✂️E especialmente a vós, aloitadores. Sen vós no...
06/06/2026

Grazas a todos por esta 5ª edición da Rapa das Bestas Finca Enxebreza! 🐴✂️

E especialmente a vós, aloitadores. Sen vós non sería posible… Grazas por estar ahí cada ano. 💥

📸 Pronto mais fotos!

ÚLTIMOS DÍAS! 💥🐴 Non vos esquecer de gardar o voso sitio na mesa ó rematar a Rapa.Vémonos o sábado! ✂️📞 679 998 803
04/06/2026

ÚLTIMOS DÍAS! 💥🐴 Non vos esquecer de gardar o voso sitio na mesa ó rematar a Rapa.

Vémonos o sábado! ✂️

📞 679 998 803

⚠️🍴XANTAR!  Se estás interesado en acudir ó xantar ao rematar a xornada, é preciso confirmar asistencia.Podes reservar a...
01/06/2026

⚠️🍴XANTAR! Se estás interesado en acudir ó xantar ao rematar a xornada, é preciso confirmar asistencia.

Podes reservar a túa praza enviando unha mensaxe ou chamando ao seguinte número:

📞 679 998 803
📍 Lugar: 43.435733, -7.666074

Vémonos o sábado! 💥🐴

Pouco máis dunha semana para a 𝗥𝗔𝗣𝗔! 🐴✂️ E deixámosvos 10 fotos da última edición para ir quecendo... Hay ganas?😜👉🏼 Reco...
25/05/2026

Pouco máis dunha semana para a 𝗥𝗔𝗣𝗔! 🐴✂️ E deixámosvos 10 fotos da última edición para ir quecendo... Hay ganas?😜

👉🏼 Recordade que ó finalizar teremos un xantar en Restaurante O Paso, en Candamil.

✅ Para o xantar é necesario confirmación escribindo por WhatsApp ó +34 679 99 88 03

Coa primavera chegan tamén as primeiras novas vidas á Finca Enxebreza 🌿Estes días recibimos a un novo becerro de raza li...
14/05/2026

Coa primavera chegan tamén as primeiras novas vidas á Finca Enxebreza 🌿

Estes días recibimos a un novo becerro de raza limusina, unha raza moi apreciada no mundo gandeiro pola súa rusticidade, a súa boa adaptación ao medio e a calidade dos seus animais.

Ver os primeiros pasos dun becerro ao carón da súa nai é unha desas escenas que lembran a beleza do rural e o valor da vida no campo: paciencia, coidado e respecto polos ritmos da natureza.

Benvido á finca, pequeno 🤎

Un mes para a RAPA! 🐴💥 Recordade que o vindeiro 6 de xuño tedes unha cita con nós en Vilapedre. ✂️🍴E ó rematar, xantar p...
06/05/2026

Un mes para a RAPA! 🐴💥 Recordade que o vindeiro 6 de xuño tedes unha cita con nós en Vilapedre. ✂️

🍴E ó rematar, xantar popular no Restaurante O Paso, en Candamil. Contamos con vós?

Unha gran nova! 🐂 🆕 Volvemos incorporar unha raza autóctona á finca: chegan as Vianesas a Finca Enxebreza.E que caracter...
21/04/2026

Unha gran nova! 🐂 🆕 Volvemos incorporar unha raza autóctona á finca: chegan as Vianesas a Finca Enxebreza.

E que caracteriza a esta raza?:

🏔️ Gran rusticidade: Ten unha enorme capacidade de adaptación ao noso clima e para aproveitar os pastos nas zonas máis difíciles e montañosas.
🤎 Pelaxe inconfundible: Destaca pola súa fermosa cor castaña, acompañada de tons máis clariños ao redor do fociño e dos ollos.
🌱 Carácter e manexo: Son animais rústicos e cun excelente instinto maternal, características que as fan perfectas para o noso modelo de gandería extensiva.

Un paso máis no noso compromiso coa cría respectuosa e o coidado da nosa contorna.🌿

É oficial... A 𝗥𝗔𝗣𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲 terá lugar o próximo 6 de xuño! 💥🐴✂️Unha xornada para manter viva esta tradición que xa vai pol...
18/03/2026

É oficial... A 𝗥𝗔𝗣𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲 terá lugar o próximo 6 de xuño! 💥🐴✂️

Unha xornada para manter viva esta tradición que xa vai pola 5ª edición. Toma nota dos detalles:

📅 Data: 6 de xuño.
📍 Lugar: O habitual en Vilapedre (Vilalba). 43.435733, -7.666074
🍽️ Xantar popular: Ao rematar a rapa, xuntarémonos para desfrutar dunha boa comida no restaurante O Paso, en Candamil.

Veste á rapa deste ano? Comparte para que se entere todo o mundo!

Sabías isto sobre Finca Enxebreza? 🌿➡️Compartimos contigo algúns datos clave para que coñezas mellor a dimensión do noso...
19/01/2026

Sabías isto sobre Finca Enxebreza? 🌿➡️Compartimos contigo algúns datos clave para que coñezas mellor a dimensión do noso proxecto e a contorna natural que xestionamos cada día.

📍 Localización: Estamos situados no corazón da Terra Chá, compartindo lindes cos concellos de Muras, Xermade e Vilapedre (Vilalba).
📅 Traxectoria: O proxecto de Finca Enxebreza naceu no ano 2017 cunha visión clara de respecto pola natureza.
🌱 Superficie: Xestionamos 1200 hectáreas de terreo, unha extensión inmensa que equivale aproximadamente a 1680 campos de fútbol.
🐂 Gando vacún: Contamos con 180 vacas que se crían en total liberdade.
🐎 Cabalos salvaxes: Nas nosas terras conviven actualmente 350 cabalos salvaxes.
♻️ Modelo de xestión: Practicamos a gandería extensiva mediante un sistema de manexo rotacional. Esta técnica permítenos aproveitar o pasto de xeito eficiente e, sobre todo, favorecer a rexeneración natural do terreo.

Coñecías estes datos ou houbo algún que te sorprendeu especialmente? O noso compromiso é seguir medrando en harmonía con esta terra que tanto nos dá. 💚

Dirección

Lugo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Enxebreza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Enxebreza:

Compartir