23/10/2026
Coidar a nosa ría hoxe é garantir que siga sendo fonte de vida e oportunidades mañá.
A sustentabilidade non é un reto alleo ao sector pesqueiro nin ás comunidades costeiras. Forma parte do seu presente e das decisións que marcarán o seu futuro.
💙 Desde o GALP Ría de Pontevedra apoiamos proxectos que demostran que é posible avanzar cara a unha economía azul máis sostible, combinando a actividade económica coa protección do medio natural, a eficiencia enerxética e o aproveitamento responsable dos recursos.
♻️ Esa transformación xa está en marcha a través de iniciativas concretas no noso territorio.
🏖️ Na praia de Montalvo, o Concello de Sanxenxo impulsa un proxecto de recuperación do sistema dunar e mellora da accesibilidade. A instalación dunha pasarela elevada permitirá ordenar o acceso ao areal e contribuír á conservación dun espazo natural no que tamén cría a píllara das dunas. 🔗 https://f.mtr.cool/gnjlwn84ss
⚡ O Real Club Náutico de Sanxenxo aposta pola eficiencia enerxética con proxectos de modernización das súas instalacións. A incorporación de sistemas de climatización máis eficientes, o aproveitamento da enerxía solar e a renovación da iluminación buscan reducir o consumo eléctrico e as emisións asociadas á actividade. 🔗 https://f.mtr.cool/kerz5mvsir https://f.mtr.cool/jr3omrhkuu
☀️ Na illa de Ons, a empresa Susiacuña impulsa unha iniciativa para aproveitar mellor a enerxía solar no seu establecemento de restauración. A incorporación de baterías de almacenamento permitirá reducir a dependencia dos xeradores diésel e avanzar cara a un modelo enerxético máis respectuoso coa contorna do Parque Nacional. 🔗 https://f.mtr.cool/7w1i546wwo
🌊 Son proxectos diferentes, impulsados por entidades públicas, clubs e empresas do territorio, pero cun obxectivo compartido: reducir o impacto ambiental das actividades humanas e contribuír á conservación dos recursos naturais da nosa ría.
Porque o desenvolvemento local tamén consiste en impulsar cambios que, aínda que ás veces non se ven a simple vista, poden marcar unha gran diferenza no futuro.
💙 Unha das mellores pegadas que podemos deixar é contribuír a que as próximas xeracións sigan atopando no mar un lugar no que vivir, traballar e construír o seu futuro.
🌱 Esta é a pegada da sustentabilidade que queremos seguir deixando na Ría de Pontevedra.