Correvaidille

Cómo llegar Página web

Correvaidille Correveydile é unha empresa de xestión e catalización cultural, comunicación creativa, organización de eventos e dinamización sociocultural.

En CORREVAIDILLE creamos, conceptualizamos, deseñamos, coordinamos e executamos proxectos e accións culturais de diversa índole. Ademais, dámoslle ás á imaxinación, brindando a cada cliente e entidade colaboradora ou promotora, a creatividade e as ferramentas necesarias para a visibilización eficaz das súas liñas de acción, obxectivos, servizos, actividades, produtos e marcas. Os que seguen son algúns dos traballos que realizamos dende 2012:

-1ª, 2ª e 3ª edición do ciclo musical de concertos noitiNHas MUSIC para o Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra. 4ª edición * 2021 en preprodución.
-Proxeccións de creadoras e creadores galegos na Praza da Quintana de Santiago de Compostela para felicitar o Nadal 2020 e o Aninovo 2021 aos viandantes da cidade. Proxecto realizado para Turismo de Santiago.
-Empresa promotora do festival lúdico-cultural para a posta en valor do talento galego Mercado da Estrela en 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019 e 2020. Iniciativa propia co-organizada co Concello de Santiago de Compostela con patrocinadores e colaboradores como Artesanía de Galicia, Santiago de Compostela Turismo, Estrella Galicia, Gadis, Finsa, etc.
- Dirección de produción da quincena de actividades do espazo de Galeras nas Festas do Apóstolo 2020 (Santiago de Compostela; Festas do Apóstolo 2020; Concello de Santiago de Compostela)
-2ª edición da actividade Sabor a Artesanía coa Fundación Pública Artesanía de Galicia – Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia xullo 2020
- Conteptualización, deseño e materialización da campaña de promoción QUEDAMOS EN TEO. QUEDAMOS SEGURO para o Concello de Teo (primavera 2020)
-1ª edición do ciclo de sesións DJ TardiNHas para o Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra (verán 2020)
-Traballos de deseño e produción de materiais para Tragsatec, Grupo Tragsa (febreiro 2020)
-Parte da produción e contidos da mostra de artesanía da Feira do San Martiño. Concello de Teo (novembro 2019)
-Organización do Festival AtardeSer en Broña para o Concello de Outes (agosto 2019).
-Organización da iniciativa Festa Territorio das mulleres enmarcada dentro das Festas do Apóstolo (xullo de 2016, 2017, 2018 e 2019) para o Concello de Santiago de Compostela - Santiago de Compostela Turismo
-Organización da 1ª, 2ª, 3ª e 4ª Edición do Festival de San Xoán en Compostela para o Concello de Santiago de Compostela a través de Turismo de Santiago de Compostela (2016, 2017, 2018 e 2019).
-Deseño, coordinación e produción da 1ª e a 2ª edición da iniciativa CREAGAIÁS para o CEM, Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia (2018 e 2019).
-Actualización de contidos dixitais para a axenda de actividades culturais de Turismo de Santiago para Turismo de Santiago de Compostela (2019).
-Organización do festival familiar Feira na eira para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
-Dirección artística, coordinación e contratacións da Noite de Bandas Galegas na Praza da Quintana para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
-Dirección dos Premios da Cultura Galega para a Xunta de Galicia. Outono/inverno 2017.
-Servizo de coordinación e programación de actividades culturais na Cidade da Cultura de Galicia (setembro 2015 –setembro 2017).
-Organización do Festival da Cervexa Artesá de Cangas (xullo 2016).
-Deseño, coordinación e produción da iniciativa Nadal sobre rodas. Concello de Santiago de Compostela (Nadal 2015-2016).
-Secretaría técnica de organización, deseño de imaxe e dinamización da 1ª, 2ª e 3ª edición da iniciativa Estrea Estilo: xornada lúdica de dinamización comercial para a presentación das novas coleccións do comercio compostelán. 2013, 2014 e 2015. Concellaría de Comercio de Santiago de Compostela.
-Secretaría técnica de organización e deseño de imaxe Mercado da Quintana para Turismo de Galicia e Concello de Santiago de Compostela (Nadal 2014-15)
-Actividades de dinamización Nadal 2014-2015. Turismo de Santiago.
-Deseño de imaxe, actividades e espazo infantil para o Festival do Norte’ 14.
-Dinamización musical para Compostela Gastronómica 2014. Concello de Santiago de Compostela.
-Deseño de contidos e dinamización infantil e familiar para a 1ª e 2ª edición da iniciativa Festivalín. 2013 e 2014 en Vigo e A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza e I-radia crea.
-Organización Bee Happy Market. 2013 e 2014. Naranjalimón e Asociación Galega de Apicultores.
-Actividades infantís para SGAE - Fundación Autor no Festival de la Luz. 2013.
-Empresa promotora da iniciativa Sabor a artesanía. 2012.
-Dirección artística e creatividade de todos os proxectos xestionados.
-Deseño de merchandising para SOGAMA, Tropa Verde e todos os proxectos propios.
-Etc.

🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELAVenres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026Grazas infinitas pola gran...
21/10/2026

🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

Grazas infinitas pola gran resposta que tivo esta 15ª convocatoria da Feira Creativa!

A escolma de participantes será moi difícil, pero queremos agradecer ás marcas de sempre por querer estar e volver compartir co público o seu traballo, e tamén ás marcas novas que desexan formar parte dun mercado que cumple quince Nadais con vós!

Que sigamos apostando por celebrar o talento e a creatividade e que o reflexo sempre nos amose ilusión!

Reserva a data para desfrutar das compras, os concertos, os obradoiros, os xogos, as visitas guiadas, as sesións picadiscos, as sorpresas… e para celebrar o 15º aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!




🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELAVenres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026Últimas horas para envío d...
20/10/2026

🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

Últimas horas para envío de preinscricións de cara a Feira Creativa de Agasallos Galegos de Nadal o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro na Hospedería de San Martín Pinario en Santiago de Compostela.

No camiño, as estrelas... No destino unha ilusión!

As marcas interesadas poden aínda achegar a súa preinscrición a través da convocatoria aberta ata hoxe, martes 20 de outubro ás 23:59h lendo as bases de participación e achegando o formulario online!

Reserva a data para desfrutar das compras, a gastronomía, os concertos, os obradoiros, os xogos, os roteiros, as sesións picadiscos, as sorpresas… e celebrar o 15º aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!




🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELAVenres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026Cando se pon o sol tamén e...
19/10/2026

🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

Cando se pon o sol tamén escintilan as estrelas nos espazos da Hospedería de San Martín Pinario... Entre eles a sala que recibe ao público á súa entrada o edificio: o Salón Consigna.

Neste 15º aniversario será unha das zonas nos que as persoas creadoras, produtoras, artesás e artistas poderán amosar o froito do seu talento para que se convirta en orixinais agasallos galegos de Nadal. As marcas interesadas en participar na Feira Creativa poden achegar a súa preinscrición a través da convocatoria do presente ano, aberta ata mañá martes 20 de outubro ás 23:59h!

Reserva a data para desfrutar das compras, a gastronomía, os concertos, os obradoiros, os xogos, os roteiros, as sesións picadiscos, as sorpresas… e celebrar connosco o 15º aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!




🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELAVenres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026O Salón Peregrinos da ...
18/10/2026

🌟⭐️🌟🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

O Salón Peregrinos da Hospedería de San Martín Pinario dialoga coa Historia e, a través das súas fiestras, co seu veciño de enfronte: o mosteiro de San Francisco. Un espazo con alma que, ao longo das diferentes edicións do Mercado da Estrela, acubillou xogos, risos, historias e moita creatividade.

No 15º aniversario será unha das zonas nos que as persoas creadoras, produtoras, artesás e artistas poderán celebrar o talento galego e compartir os seus proxectos co público estreleiro. Se queres formar parte desta edición tan especial, podes solicitar a túa praza a través da convocatoria, aberta ata este martes 20 de outubro ás 23:59 h!

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos Galegos, a gastronomía, os concertos, os obradoiros, os xogos, os roteiros, as sesións picadiscos, as sorpresas… e celebrar connosco o 15º aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!




🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELAVenres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026O Salón Peregrinos da ...
18/10/2026

🌟⭐️🌟🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO DO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

O Salón Peregrinos da Hospedería de San Martín Pinario dialoga coa Historia e, a través das súas fiestras, co seu veciño de enfronte: o mosteiro de San Francisco. Un espazo con alma que, ao longo das diferentes edicións do Mercado da Estrela, acubillou xogos, risos, historias e moita creatividade.

No 15º aniversario será un dos espazos nos que as persoas creadoras, produtoras, artesás e artistas poderán celebrar o talento galego e compartir os seus proxectos co público estreleiro. Se queres formar parte desta edición tan especial, podes solicitar a túa praza a través da convocatoria, aberta ata este martes 20 de outubro ás 23:59 h!

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos Galegos, a gastronomía, os concertos, os obradoiros, os xogos, os roteiros, as sesións picadiscos, as sorpresas… e celebrar connosco o 15º aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!




🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELA Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026As horas do mediodía sempre ...
17/10/2026

🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

As horas do mediodía sempre foron as mellores para aproveitar as compras, as charlas e o soliño entrando polas cristaleiras do claustro da Hospedería San Martín Pinario!

Este será outro dos espazos para os que as persoas persoas creadoras, produtoras, artesás e artistas que queiran celebrar o talento galego o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026 en Santiago de Compostela poderán solicitar praza.

As bases de participación e o formulario online de preinscrición estarán dispoñibles no link do perfil ata este martes 20 de outubro ás 23:59h!

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos Galegos, a gastronomía, os concertos, os obradoiros, os xogos, os roteiros, as sesións picadiscos, as sorpresas e celebrar o 15º Aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!

Este Nadal:



🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELA Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026O Salón Refectorio da Hosped...
16/10/2026

🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

O Salón Refectorio da Hospedería San Martín Pinario será un dos espazos para os que as persoas persoas creadoras, produtoras, artesás e artistas que queiran celebrar o talento galego o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026 en Santiago de Compostela poderán solicitar praza.

As bases de participación e o formulario online de preinscrición estarán dispoñibles no seguinte link ata o vindeiro martes 20 de outubro ás 23:59h!

https://drive.google.com/file/d/19yu4wMaopuiN-H_5vd20TD-0LlXXtAvp/view

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos Galegos, a gastronomía, os concertos, os obradoiros, os xogos, os roteiros, as sesións picadiscos, as sorpresas e celebrar o 15º Aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!

Este Nadal:



🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELAVenres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026Queremos celebrar o 15º Anive...
15/10/2026

🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

Queremos celebrar o 15º Aniversario do Mercado da Estrela, desexamos celebralo con vós e gustaríanos coñecer xa a todos os obradoiros artesanais, marcas galegas creativas e persoas creadoras, produtoras, artesás e artistas que queiran celebrar o talento galego o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026 en Santiago de Compostela!

Bases de participación e formulario online de preinscrición xa dispoñible no seguinte link ata o vindeiro martes 20 de outubro ás 23:59h!

https://drive.google.com/file/d/19yu4wMaopuiN-H_5vd20TD-0LlXXtAvp/view

Reserva a data para desfrutar da Feira creativa de agasallos, a gastronomía, os concertos, os obradoiros, os xogos, os roteiros, as sesións picadiscos, as sorpresas e celebrar o 15º Aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!

Este Nadal:



🌟⭐️🌟

🎶🌙🍢🍻🎉🎶Co sexto noitiNHas de 2026 pechamos unha etapa e gardamos no cofre das lembranzas das noites compartidas a música ...
16/09/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Co sexto noitiNHas de 2026 pechamos unha etapa e gardamos no cofre das lembranzas das noites compartidas a música escoitada, as apertas inesquecibles, os padais colmados, os brindes elevados ao ceo e a maxia que acontece cando nos xuntamos no NH Collection Santiago.

Grazas a Erin Memento, a DJ Divergente e a Javier Míguez, de Casa de Amancio, por acompañarnos na última das veladas deste ano e tamén e a todas as artistas, chefs e persoas que celebrastes connosco esta 9ª edición do ciclo por facelo posible tal e como é!

Vémonos nas próximas historias que quedan por escribir... cando cae a noitiNHa en Santiago de Compostela!






Promoveu: NH Collection Santiago
Patrocinou: Cervezas Alhambra
Organizou:

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Co sexto noitiNHas de 2026 pechamos unha etapa e gardamos no cofre das lembranzas das noites compartidas a música escoitada, as apertas inesquecibles, os padais colmados, os brindes elevados ao ceo e a maxia que acontece cando nos xuntamos no NH Collection Santiago.

Grazas a Erin Memento, a DJ Divergente e a Javier Míguez, de Casa de Amancio, por acompañarnos na última das veladas deste ano e tamén e a todas as artistas, chefs e persoas que celebrastes connosco esta 9ª edición do ciclo por facelo posible tal e como é!

Vémonos nas próximas historias que quedan por escribir... cando cae a noitiNHa en Santiago de Compostela!






Promoveu: NH Collection Santiago
Patrocinou: Cervezas Alhambra
Organizou: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Correvaidille publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir